matrícula e bolsas
O importe completo da matrícula do máster será de 3.900 €, que se poderán aboar en tres prazos.
Otorgaranse dúas bolsas en concepto de matrícula de máster que a reducirán nun 75%.
Concederase tamén unha bolsa de colaboración.
As solicitudes de preinscripción entregaranse preferiblemente en persoa na Secretaría da Facultade de Xeografía e Historia ou por correo postal (Máster de Arte, Crítica e Museoloxía Contemporáneas, Departamento de Historia da Arte, Facultade de Xeografía e Historia, Praza da Universidade nº 1, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña) entre o 1 e o 30 de setembro de 2009 presentando o formulario P10 cuberto e adxuntando a seguinte documentación:
Fotocopia do DNI
Fotocopia do Expediente Académico
Fotocopia de Titulación Universitaria
Currículo Vitae abreviado con foto (máximo dúas caras)
Se desexa ser considerado para a adxudicación de bolsas deberase sinalar e cubrir o formulario P40 e adxuntalo coa prescripción.
Máis información sobre a concesión de bolsas de matrícula aquí.
*Abrese a opción de remitir os documentos ó correo electrónico masterartecontemp@usc.es para aquelas persoas que, por algún motivo, non poidan entregalas en persoa ou por correo postal.
A publicación da selección de alumnos terá lugar o día 5 de outubro de 2009.
Trala publicación da lista de admitidos e de beneficiarios de bolsas, a matrícula deberá formalizarse cubrindo os formularios P11 ou P40 e entregándoos, entre o 10 e o 30 de outubro de 2009 na Sección de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua (Pabellón estudiantil- Campus Universitario Sur, 15782 Santiago de Compostela).