Agar Ledo.

Agar Ledo Arias  

Dende xaneiro de 2006, Agar Ledo Arias (Santiago de Compostela, 1975) é responsable de exposicións do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, onde comisariou proxectos de Pedro Barateiro, Manuel Eirís, Carlos Bunga ou Jose Dávila. Licenciada en Historia da Arte e posgrao en museoloxía, especializouse en estudos de museos nas universidades de Oklahoma (USA, 1998) e Bourgogne (Dijon, 2000). A súa traxectoria profesional iniciouse como `intern' nos departamentos de exposicións de Le Consortium, Dijon (Francia) e o Musée d'art contemporain de Lyon (Francia). Foi responsable de comunicación do CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea, espazo no que comisariou as mostras `Imaxinando espazos, recreando realidades. Colección Fundación ARCO' e `Roland Fischer. Camiño'. Coordinadora na 1ª edición da BIACS, Bienal Internacional de Arte Contemporánea de Sevilla (2004), comisariada por Harald Szeemann, a súa traxectoria inclúe tamén diversos traballos como comisaria independente, e colaboracións en revistas especializadas.

 

 

 

data: 
11 Mar 2011 - 16:30 - 20:30
18 Mar 2011 - 16:30 - 20:30
25 Mar 2011 - 16:30 - 20:30
10 Jun 2011 - 16:30 - 20:30