- presentación
- información
- profesorado
- A - F
- G - M
- Manuel Gago
- Antonio Garrido
- José Miguel G. Cortés
- Antonio Jesús Gil González
- Paul Edward Guy
- Miguel von Hafe Pérez
- Mónica Iglesias
- Agar Ledo
- Margarita Ledo
- Rubén Lois
- Federico López Silvestre
- Pedro de Llano Cabado
- Pedro de Llano Neira
- Simón Marchán Fiz
- Iñaki Martínez Antelo
- José Luis Molinuevo
- Juan Monterroso
- Gloria Moure
- José Manuel García Iglesias
- N - R
- Juan de Nieves
- Carme Nogueira
- Xosé Nogueira Otero
- Seve Penelas
- Fernando José Pereira
- Yolanda Pérez Sánchez
- Pinal & García-Alén
- María Xosé Piñeira
- Natalia Poncela
- Juan Martín Prada
- Tonia Raquejo
- Antonio Remesar
- Nicolás del Río
- Asunta Rodríguez
- Miguel Anxo Rodríguez González
- Carlos Rosón
- Alberto Ruiz de Samaniego
- S - Z
- proxectos
- noticias
- calendario
David Barro: “Dimitín pola falta de apoio institucional”
Fonte: xornal.com
“Se dimitín non foi por nada do que ocorreu en Espacio Atlántico 2010, coido que a feira funcionou, pero penso que debería haber máis institucións implicadas nela, e os primeiros contactos que mantiven para falar da edición de 2011 fixéronme ver que iso é algo que as propias institucións non teñen claro”, asegura David Barro, quen ata esta semana era o director artístico da feria de arte que celebrou a súa cuarta edición en Vigo do 14 ao 17 de xaneiro.
Porén, explica que non se desvinculará completamente da organización de Espacio Atlántico 2011, xa que permanecerá no consello asesor do evento. “Dende fóra, será máis doado presionar nas compras institucionais, porque non estarei a pedir para min, senón para a arte galega”.Barro é tamén asesor da Fundación Barrié, a entidade que fixo a maior compra de obras en Espacio Atlántico, e o desexo de evitar suspicacias e de manter a súa independencia como crítico foi tamén un motivo para a súa marcha.
Marta Scarpellini, directora xeral de Espacio Atlántico, e o propio David Barro traballan xa en buscarlle un substituto na dirección artística. Polo de agora, teñen o perfil, pero non o nome. Debe ser alguén con contactos entre as galerías e institucións artísticas de Madrid e Barcelona, “non necesariamente galego, e coa mesma visión da arte que se demostrou este ano en Vigo”, segundo explica Scarpellini.
Non se marcan unha data para o seu nomeamento, pero gustaríalles telo atopado antes da celebración de ARCO e Art Madrid, do 17 ao 21 de febreiro. “Xa hai que empezar a negociar alí coas galerías, ese foi un dos motivos de que me dese tanta présa en dimitir”, di Barro.
Entidades como a Fundación Caixa Galicia, o Macuf, ou o propio CGAC non mercaron nela ningunha obra. Barro non quere citar nomes, pero di: “Ao falar estes días con varios responsables, só quixeron centrarse no positivo, no ben que estivo a feira, e evitaron facer autocrítica sobre o que se fixo mal”.
O traballo dos pequenos.
E boa parte do que “estivo mal” é, na súa opinión, que Espacio Atlántico funcionou “grazas ao traballo de moi poucos”. Entre os máis implicados estivo a Asociación de Galerías de Arte de Galicia (AGGA), cuxa vicepresidenta, Asunta Rodríguez, sinala o paradoxo de que “fosen os da parte de abaixo da cadea da arte contemporánea, os galeristas, os que botasemos o resto”. Rodríguez é moi crítica co feito de que o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, anunciase que o CGAC non ía facer adquisicións estando a feira en marcha. “Se somos acomplexados e ensimesmados, será por este trato histórico”, engade.
A voceira dos galeristas lamenta tamén a marcha de Barro, “porque foi o principal responsable da nova imaxe de Espacio Atlántico, e fíxoo ademais en só tres ou catro meses”. Nas tres edicións anteriores, a feira era coñecida como Puro Arte, e non tiña o apoio da AGGA debido aos seus “baixos estándares de calidade”. En todo caso, está desexosa de ver dunha maior implicación institucional en 2011, ao igual que Scarpellini, que atribúe as ausencias deste ano á “falta de tempo para pensar as compras”.
David Barro conclúe: “Se Galicia ten a forza para manter unha feria de arte deste nivel, se quere mantela, as institucións terán que implicarse máis, senón pode haber un ou dous anos máis coma este, pero non unha base sólida para unha cita de referencia na Península”.
- victor e.'s blog
- APIs de Blogue









