Cristina Trigo.

Cristina Trigo Martínez (Santiago de Compostela, 1967)

Fixen Xeografía e Historia na Universidade de Santiago, onde reafirméi a miña paixón pola arte contemporánea.

Comecéi a traballar no departamento de educación do CGAC en 1997 e desde entón abreuse un camiño de moito autodidactismo, de intercambio de ideas con outros profesionais, investigación e estudo e a posibilidade de poñer en marcha numerosos proxectos, sempre ao carón de toda clase de públicos con intereses moi diferentes e propostas artísticas sempre acompañadas de cuestionamento e debate. 
Fixen tamén o pograma de doutorameno “Arte y Educación: Un enfoque construccionista” na Facultade de Belas Artes da Universidade de Granada e actualmente preparo a tese arredor do rol do educador/a nos museos de arte contemporánea en España: as liñas teóricas e a práctica educativa.
Levo anos compartindo e contrastando estas experiencias con outros profesionais en diferentes foros, simposios, congresos e transmitíndoas sempre que é posible a outras persoas que lles poden servir a través de cursos, conferencias, artigos... pois a fin de contas o traballo que eu realizo xira arredor de palabras como proxecto, mediación, difusión, comunicación, creación e diálogo.
data: 
3 Dec 2010 - 16:30 - 20:30
9 Dec 2010 - 16:00 - 20:00
17 Dec 2010 - 16:30 - 20:30
14 Jan 2011 - 16:30 - 20:30