Fernando Agrasar
Fernando Agrasar Quiroga (Vigo, 1963) é arquitecto pola E.T.S.A de A Coruña (1989) e Docutor pola Universidad de A Coruña (2001). É profesor do Departamento de Composición da E.T.S.A de A Coruña, como asociado desde 1990 ata 2003 e, desde ese ano é Profesor Titular da área de Composición Arquitectónica.
O seu traballo investigador está dirixido cara á análise das arquitecturas moderna e contemporánea, en especial en canto ás súas relacións con outras disciplinas creativas e con diversas manifestacións culturais. Desenvolve un labor crítico, en prensa e publicacións especializadas, coa intención de contribuír a construír un marco reflexivo vinculado á creación arquitectónica contemporánea en Galicia. Dirixiu, xunto con J. Irisarri a revista Obradoiro, de 2000 a 2006.
Mantén a súa actividade profesional como arquitecto, dirixida ao deseño de exposicións, proxectos de rehabilitación, de paisaxe ou nova planta, sempre en relación coa súa actividade investigadora.
Como responsable, desde 1999 até 2007 da Comisión de Cultura do COAG na Coruña promoveu variadas actividades culturais referidas á arquitectura. Participa frecuentemente en exposicións de arquitectura, como consultor, responsable do deseño expositivo ou comisario.







