V Edición. Curso 2011-2012 !!

Este Máster Propio da USC (60 créditos ECTS) céntrase no ámbito do coñecemento específico da arte das últimas décadas, abarcando desde aspectos conceptuais e críticos, ata a práctica do mundo dos museos e a xestión da arte contemporánea. Está orientado a todos aqueles que queiran formarse como profesionais especializados no mundo da arte contemporánea: crítica, museos, centros de arte, galerías. Para entender todos estes fenómenos adoptaranse ademais dos métodos tradicionais, modelos transversais combinados con clases e obradoiros de tipo práctico.

158

21 Visita Fundación Serralves. Oporto.

Está dirixido a Licenciados ou Diplomados en Historia da Arte, Historia, Xeografía, Filosofía, Filoloxía, Humanidades, Ciencias da Comunicación, Socioloxía, Belas Artes e Arquitectura, así como a profesionais do sector con experiencia acreditada. Entre o seu persoal docente atópanse profesionais de recoñecido prestixio como Simón Marchán, Estrella de Diego, Gloria Moure, Jesús Carrillo, Joâo Fernandes, Alberto Ruiz de Samaniego entre outros especialistas, nacionais e internacionais.

 

OBXECTIVO. O Máster naceu de cubrir carencias do sistema universitario actual mediante a formación especializada na arte do século XX de toda unha xeración de alumnos de carreiras como Belas Artes, Historia da Arte, Filosofía, Ciencias da Comunicación e Humanidades en xeral. Creación, intermediación, xestión e dirección de proxectos artísticos de cara á profesionalización é o obxectivo fundamental deste curso que tenta que as competencias adquiridas teñan a súa aplicación no mundo laboral.

23

25

36

47

VÍNCULO COA REALIDADE. Co máster intentábase cubrir unha nova demanda social. Nos últimos vinte anos naceron no Eixo Atlántico –o percorrido entre Ferrol e Porto– entre 30 e 40 espacios vinculados coa arte contemporánea. A nova situación obrigaba a facer un esforzo formativo sen precedes, adaptado a esa realidade. Dous tercios das clases teñen lugar nunha desas institucións: as salas do CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea).

PRÁCTICAS E ÁMBITO LABORAL
. Para facilitar esa relación coa realidade e a inserción laboral do alumnado articulamos un sistema de clases e prácticas adaptado á situación actual do mundo profesional:

- OBRADOIROS a cargo de profesionais desas novas institucións e do mundo da crítica de arte. Escrita de críticas en prensa especializada.

- PRÁCTICAS nas institucións e entidades máis representactivas de Galicia (xunto co CGAC, o MARCO, MACUF, AUDITORIO DE GALICIA, ESPACIO ATLÁNTICO, DARDO).

- COMISARIADO DE EXPOSICIÓNS dos alumnos (tanto colectivas como individuais) xurdidas dos propios obradoiros e dun concurso coa  ZONA C (espazo para xoves artistas xestionado polo Concello de Santiago) ao que só poden acceder os alumnos do máster. Ata o presente xa se fixeron diferentes EXPOSICIÓNS (na Fundación Torrente Ballester, na Zona C,...) comisariadas polos alumnos, que traballaron con financiamento real e con artistas en activo. En outubro deste ano inaugurarase outra no Colexio de Fonseca (Santiago de Compostela).

PROFESORADO DE PRESTIXIO. Para dar forma a este proxecto non bastaba con botar man dos profesores da USC. Precisabamos contar con moitos técnicos das institucións citadas e con algúns grandes especialistas en arte contemporánea, todas elas figuras de recoñecido prestixio, tanto nacionais como internacionais, do mundo da arte contemporánea.