- presentación
- información
- profesorado
- A - F
- G - M
- Manuel Gago
- Antonio Garrido
- José Miguel G. Cortés
- Antonio Jesús Gil González
- Paul Edward Guy
- Miguel von Hafe Pérez
- Mónica Iglesias
- Agar Ledo
- Margarita Ledo
- Rubén Lois
- Federico López Silvestre
- Pedro de Llano Cabado
- Pedro de Llano Neira
- Simón Marchán Fiz
- Iñaki Martínez Antelo
- José Luis Molinuevo
- Juan Monterroso
- Gloria Moure
- José Manuel García Iglesias
- N - R
- S - Z
- proyectos
- noticias
- calendario
A colección de arte do CGAC verase por primeira vez no Marco de Vigo
Fonte: lavozdegalicia.es
A colección do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) viaxa por primeira vez ao Marco de Vigo. A exposición, que figura na programación deste ano do CGAC, é unha produción do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, onde estará aberta todo o verán, dende o 4 de xuño ao 19 de setembro.
O número de pezas da colección do CGAC é dunhas mil, pero ao museo vigués viaxará só unha selección, unha proposta na que traballa Virginia Torrente, comisaria independente, que incluirá a artistas galegos e tamén obras en depósito no centro de arte compostelán como son as da Colección Fundación Arco. A exposición vai ser moi ampla, porque como explicou o director do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Iñaqui Martínez, vai ocupar toda a planta baixa do centro. O discurso da montaxe ofrecerá unha visión nova desta colección pública, pero o que é seguro xa é o título co que se vai presentar: 89 KM. Colección CGAC , en alusión á distancia en quilómetros entre Compostela e Vigo.
O Marco non ten colección propia, polo que non hai unha contrapartida expositiva. Trátase de mostrar á poboación de Galicia, neste caso no Sur, a colección de arte institucional, na que figuran relevantes artistas contemporáneos do panorama internacional.
Virginia Torrente foi xefa da colección e de exposicións do Museo Patio Herreriano de Valladolid entre o 2000 e o 2003, e responsable de artes plásticas da Casa de América de Madrid entre o 2004 e o 2006, para a que desenvolveu un programa de exposicións individuais de artistas españois, portugueses e suramericanos. Como comisaria independente desenvolve unha intensa actividade. Un dos seus últimos proxectos, Paraísos indómitos , estivo no 2008 no Marco de Vigo.
- victor e.'s blog
- Inicie sesión para enviar comentarios









