- presentación
- información
- profesorado
- A - F
- G - M
- Manuel Gago
- Antonio Garrido
- José Miguel G. Cortés
- Antonio Jesús Gil González
- Paul Edward Guy
- Miguel von Hafe Pérez
- Mónica Iglesias
- Agar Ledo
- Margarita Ledo
- Rubén Lois
- Federico López Silvestre
- Pedro de Llano Cabado
- Pedro de Llano Neira
- Simón Marchán Fiz
- Iñaki Martínez Antelo
- José Luis Molinuevo
- Juan Monterroso
- Gloria Moure
- José Manuel García Iglesias
- N - R
- S - Z
- proyectos
- noticias
- calendario
Versións enfrontadas
Fonte: galicia-hoxe.com
O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, comprometeuse o pasado 2 de setembro, na súa primeira reunión cos galeristas, -da que gardan testemuño as hemerotecas-, a saldar as débedas pendentes contraídas polo CGAC por adquisición de obras. Segundo lles explicou aos presentes, os pagamentos íanse realizar unha vez que o centro de arte contase cun novo director -Manuel Olveira fora cesado en xuño-. O baleiro no posto de dirección cubriuse a fins de setembro, coa escolla de Miguel Von Haffe, semanas despois do encontro de Varela cos galeristas.
Pero os pagamentos prometidos non chegaron. E o conselleiro de Cultura culpou o bipartito. Preto de dez meses despois de comezar no seu cargo, anunciou, a semana pasada, que existía unha suposta débeda de "400.000 euros" por compra de obras polo CGAC, que lle impediría a este centro realizar novas adquisicións para a súa colección no 2010. Onte, cifrou en 350.000 euros a cantidade que, segundo di, se lles endebeda a galerías estranxeiras por "compras feitas en anos anteriores sen pasar pola comisión de valoración".
O anterior director do CGAC, Manuel Olveira, negou que deixara tal débeda. Lembrou que no orzamento do centro para o 2009 figuraba unha partida de 600.000 euros para adquisición de obras coa que se deberían ter pagado eses 400.000 euros que sinala Varela. E apuntou á responsabilidade do xerente, Manuel Arroyo, en caso de non terse efectuado ese pagamento.
Ó preguntarlle onte este xornal, o xerente, que traballa no cargo desde os anos 90, dixo que Olveira "pode dicir o que queira", e non desmentiu as súas palabras, aínda que tampouco as confirmou. "Eu son un funcionario, e débome aos meus superiores. Teño que manter en segredo o contido dos documentos", explicou. Tamén onte, fontes do colectivo de galeristas galegos ofrecéronlle a este xornal unha versión dos acontecementos moi coincidente coa expresada por Olveira. Tras confirmar que hai débedas pendentes cos galeristas do país, -do 2008, en concreto-, salientaron que Manuel Olveira "foi un profesional, un señor, que nos tratou como a profesionais".
"É moi inxusto o que está pasando"
"O que está pasando con Olveira é moi inxusto. Eu vivín a época de Gloria Moure, o xeito no que a destituíron. E parece que agora a historia se repite con Olveira", engadiron as mesmas fontes.
Pouco antes da destitución de Olveira á fronte do CGAC, -catro meses despois das eleccións-, en xuño, celebrouse unha reunión do padroado deste centro na que Manuel Arroyo presentou un informe no que se pode comprobar que se gastara parte dos 600.000 euros de orzamento destinados á adquisición de obra. Daquela, Olveira propoñía mercar pezas por valor doutros 400.000 euros, pero a comisión de valoración de obras de interese cultural solicitou información extraordinaria, e non aprobou a adquisición ata despois da destitución de Olveira. Así, a tramitación quedou pendente durante o proceso de remuda na dirección do CGAC.
E, unha vez nomeado o novo director, os pagamentos tampouco se fixeron. Onte, a Consellaría de Cultura non quixo dar máis detalles sobre o asunto nin contestar a versión achegada por Olveira, malia que lle foi solicitado por este xornal.
A deputada do BNG Ana Pontón -Manuel Olveira fora nomeado director do CGAC pola anterior consellaría de Cultura-, insistiu en que "o CGAC tiña fondos para asumir as compras dese ano, e se non se fixo foi debido a unha mala xestión, a que non se executou o orzamento". "Se efectivamente existe tal débeda a súa obriga" -a do actual Goberno- "á hora de redactar os orzamentos de 2010 era prever que había que facer fronte a ese tipo de incidencias", engadiu Pontón, que lembrou que o orzamento para o fomento da actividade cultural do CGAC pasou de 1.683.000 euros no 2009 a 1.609.000 no 2010, variación que non xustifica os impagamentos.
"Isto é outra cortina de fume"
"Isto non é máis que outra cortina de fume da consellaría", asegurou Pontón. "Xa que aínda hoxe non sabemos cal é a liña de traballo da Consallaría para o CGAC, nin coñecemos o proxecto do director...", engadiu a deputada do BNG, quen lembrou que o conselleiro xa "inventara" supostas débedas do bipartito co teatro, e con AGADIC, onde "supostamente faltaban 1 millón de euros que logo os nacionalistas demostramos que ese foi un problema xerado polo propio goberno de Feijóo, ao retirar unha partida por ese valor dos orzamentos vixentes en 2009". "A adquisición de obra por parte do CGAC é revisada por unha comisión da Xunta. E nunca houbo problema. O anterior director tentou ampliar o fondo do CGAC. Se o actual conselleiro non comparte esta liña de actuación, que o diga. É unha decisión de tipo político", aclarou.
O padroado do CGAC foi aprobando as contas que lle presentaban. Olveira aumentou o investimento en compra de obras respecto do director que o precedeu no cargo. Pero só un dos membros do padroado, Lorenzo López, manifestou, -lembra Andrés Fonte, o xerente de Amigos do CGAC, colectivo que preside López-, que a adquisición de obra por parte de Olveira non seguira os cauces establecidos -a proposta ao padroado-, e por iso enviou un escrito ao daquela director xeral de Patrimonio para que se paralizase a comisión de valoración. O PPdeG, que acababa de gañar as eleccións, e medios como o ABC criticaron a raíz disto a xestión de Olveira, -acusaron a Consellaría de tentar autorizar in extremis os gastos por compra de obra antes do relevo no goberno-. A Asociación de Directores de Arte Contemporánea de España saíu en defensa de Olveira e da súa distinción entre expedientes de adquisición e de produción, práctica "habitual", aseguraron.
- victor e.'s blog
- Inicie sesión para enviar comentarios









