- presentación
- información
- profesorado
- A - F
- G - M
- Manuel Gago
- Antonio Garrido
- José Miguel G. Cortés
- Antonio Jesús Gil González
- Paul Edward Guy
- Miguel von Hafe Pérez
- Mónica Iglesias
- Agar Ledo
- Margarita Ledo
- Rubén Lois
- Federico López Silvestre
- Pedro de Llano Cabado
- Pedro de Llano Neira
- Simón Marchán Fiz
- Iñaki Martínez Antelo
- José Luis Molinuevo
- Juan Monterroso
- Gloria Moure
- José Manuel García Iglesias
- N - R
- S - Z
- proyectos
- noticias
- calendario
UT(R)OPICOS, Bienal de Pontevedra 2010 dedicada aos países de Centroamérica e o Caribe
Fonte: grupoescomunicaciongalicia.com
A Bienal de Arte da Deputación instalará por primeira vez en Vigo unha das súas programacións artísticas. A Bienal de Pontevedra 2010 estará dedicada ós países de Centroamérica e o Caribe e levará por título UT(R)OPICOS. Con esta palabra únense os conceptos de Utopía e Trópicos para suliñar a conexión entre unha xeografía que a historia asociou ó paradisíaco e os proxectos de transformación, emancipación e modernidade que dende alí se foron producindo.
Nesta edición, a Deputación continuará a liña das anteriores bienais nas que tamén se abordou o multiculturalismo e o diálogo interterritorial cunha clara vocación de superar as visións localistas e de situar á provincia como ponte de Culturas e de Civilizacións. Precisamente, no ano 2004 a bienal estivo dedicada ós países da Unión Europea; no 2006 ós movementos entre Galicia e o Cono Sur; no 2008 ó diálogo artístico cos países do Magreb; e agora, no 2010, con Centroamérica e os países do Caribe.
Mostra de Vídeo-Arte
A Bienal quere ser un referente non só cultural, senón tamén socioeconómico para Galicia. Neste senso, a pesar de estar centralizada no novo edificio do Museo de Pontevedra, a Bienal desprazará algunhas das súas manifestacións máis destacadas a Vigo e á zona portuaria de Vilagarcía.
En Vigo, concretamente, terá lugar unha mostra de video-arte e de video-creación de artistas centroamericanos con artistas da talla de Roland Morán (El Salvador), Regina Galindo (Guatemala), Ernesto Salmerón (Nicaragua), Gualterio, Iraeta, etc.
Haití estará presente tamén na Bienal a través dunha película documental e de ficción sobre as dictaduras dos Duvalier (Papá Doc), titulada 'Molock tropical' do realizador Raúl L. Peck. Este director de cine haitiano vive na actualidade no Congo e é un dos máis importantes autores de películas sobre Africa.
En Pontevedra ubicarase unha superficie expositiva de 10.500 metros cadrados do Novo Museo de Pontevedra que acollerá mostras, mesas redondas, conferencias, un ciclo de cine e outras actividades, mentres que en Vilagarcía, a Zona Portuaria acollerá tamén a montaxe dun artista.
A Bienal do 2010 terá como responsable ó novo comisario Santiago Olmo, un reputado especialista de arte en temas centroamericanos que foi elexido para profundizar na súa calidade e especialización técnica, temática e cultural, tendo en conta que Olmo é crítico de arte, profesor, artista e curador de relevante traxectoria profesional especializado en temas centroamericanos.
A Bienal do 2010 artellaráse en 7 microexposicións:
• Traxectos de ida e volta: un percorrido polo contexto histórico-artístico destes países en relación con Galicia a través de artistas como Castelao, Arturo Souto, Maruja Mallo ou Eugenio Granell
• Tres mulleres, tres memorias: reúne o traballo de tres mulleres artistas centroamericanas: Emilia Prieto (Costa Rica), Margarita Azurdia (Guatemala) e Rosa Mena (El Salvador) que conectan coa exposición de carácter histórico.
• Historias políticas: é unha mostra de temas asociados ó traballo e á economía (as plantacións, a azucre, o banano e a república bananera, etc.), da pegada das revolucións en Cuba e Nicaragua e dos discursos post-coloniais.
• Migracións-Mirando al Sur: proxecto expositivo producido pola rede de centros da Axencia Española de Cooperación sobre o tema da emigración
• Ficcións: esta microexposición plantexará un diálogo entre a colección histórica do Museo de Pontevedra e artistas e obras contemporáneas
• Acción: plantexa un percorrido pola performance que tivo un grande desenvolvemento en toda esta área e ofrece una reflexión social a través do video documental e fotográfico
• Tras-Misiones: presentará unha selección de artistas xoves a partir do traballo formativo desenvolvido por proxectos independientes de carácter educativo e impulsado por artistas locais de traxectoria internacional consolidada. O punto de partida serán as Misións Pedagóxicas da II República, algúns de cuios impulsores se exiliaron a América trala Guerra Civil, como foi o caso do arousán Ramón Fernández Mato, home vencellado a Portela Valladares, escritor, político e director do xornal El Pueblo Gallego de Vigo.
Estas exposicións complementaranse con intervencións artísticas que, en formato instalación, abordarán temáticas relacionadas co medio ambiente e coa natureza.
- victor e.'s blog
- Inicie sesión para enviar comentarios









